Fernando Alonso, profe de Historia:
Bos
días: se o Coronavirus o permite, estaremos, como mínimo 15 días confinados online, pero non vos preocupedes xa que, como
sabedes, a gripe española de 1918 foi muitísimo peor.
Para que non vos
aburrades demasiado e non perdades o hábito de traballo, envíovos uns cantos
exercicios sobre os fascismo, pero sobretodo, da Alemaña Nazi, debido a que non
tivemos tempo de rematar esa parte.
Como ides ter
muitíiiisimo tempo de ocio, vos recomendo algunhas películas para que vexades:
De LeniRifesthal: El
triunfo de la volutad, e Olimpia.
Napola (sobre as escolas
de educación dos fillos dos dirixentes nazis)
La Ola (para que vexades
que non estamos a salvo de nada)
La Lista de Schindler( a mellor
de todas sen dúbida).
El hundimiento.
Para xente adulta: Una
jornada particular, e la Caída de los dioses.
Cabaret (sobre a vida dun cabaret nocturno na época do ascenso dos nazis (musical con grandes
temas musicais).
De momento non
vos recomendo máis.
-Páxina 239,
contesta os exercicios nº 19, 20,21.
-Busca en
internet información sobre as leis de Nüremberg, a Noite dos Cristais Rotos e a
reunión do lago Wansee (por certo, sobre esto hai una película documental que
podes ver), e fai un resumen sobre o antisemitismo na Alemaña Nacional
Socialista.
-Na páxina 228 o
documento nº 4, fai un comentario de este texto subliñando e comentando que
características dos fascismos ves nel.
Espero que con
estes exercicios , vos entreteñades un pouco e combatades o aburrimento. Se o
confinamento dura máis( casi seguro ), vos enviarei outra remesa de exercicios
nos que comenzaremos a ver a Segunda Guerra Mundial:
No comments:
Post a Comment
Please, feel free (and sensible) to leave your comment here.