16 Mar 2020

Información para 1º de Bachillerato (Latín)

Ahora, Pilar, profe de Latín:

Ola a todos!
Espero que todos esteades ben.
Como ben sabedes, teríamos que facer o exame o venres 20 e, ao non poder ser, queda pendente para cando regresemos ás aulas. Así que non esquezades repasar e estudar todo o que levamos visto ata o momento.
O venres pasado tiña previsto darvos unhas fotocopias sacadas dun libro para preparar o tema de cultura que tería que entrar no exame, que é o das clases sociais en Roma, mais as circunstancias actuais fixeron que xa o venres non nos viramos. Preparareino entón por escrito, como algún dos entregados con anterioridade, e mandaréivolo en canto o teña listo. Para poder mandárvolo, dado que sodes un grupo reducido, prefiriría que me enviásedes os vosos correos electrónicos a este enderezo: pilonso@edu.xunta.es
A este mesmo correo poderedes mandarme tamén as tarefas que imos facer neste tempo para practicar o explicado ata o de agora. Tamén calquera dúbida ou pregunta que vos poida xurdir. Para esto último, dadas as circunstancias excepcionais que estamos a vivir, e dado que sodes un grupo de bacharelato,e moi pouco numeroso, penso que nos resultaría máis práctico facer un grupo de whatsapp, sempre que vós non teñades ningún inconveniente. O que queira pode entón enviarme o número de teléfono ao correo.
As tarefas van consistir en analizar (morfoloxica e sintacticamente) e traducir as oracións que xa vos entreguei de antemán. Do último explicado (os pronomes interrogativos) penso que quedaban por facer as dúas últimas oracións. E das oracións da fotocopia, creo que tiñamos feitas e correxidas ata a 8 (incluída). Entón: o venres que ven, día 20, enviade ao correo facilitado a análise e tradución das oracións de interrogativos máis a 9 da fotocopia.
Seguimos en contacto. Coidádevos moito. Paciencia e moito ánimo!

Pilar


No comments:

Post a Comment

Please, feel free (and sensible) to leave your comment here.